Concello de Sanxenxo - O goberno licita a renovación das marquesiñas do municipio
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O goberno licitou un proxecto para a adquisición de marquesiñas para as paradas de autobús.

Este proxecto está valorado en 55.300€, para este ano 2018. O ano que vén, o goberno dispón doutro novo proxecto que ascende a 74.480€, para o mesmo fin.

Con este primeiro proxecto financiarase o investimento das primeiras 14 marquesiñas que se renovarán no Concello.

As localizacións serán as seguintes: 

 

  • A Costa, Dorrón.

  • Avda. de León.

  • Circunvalación.

  • Montalvo.

  • A Revolta.

  • Empalme, Vilalonga.

  • Gondar.

  • Magaláns.

  • Infantería de Mariña.

  • Vinquiño.

  • O Santo.

  • Rouxique.

  • Soutullo, Noalla.

  • Tramalleiro, Noalla.

 

As marquesiñas terán unhas dimensións aproximadas de 2,50 X 1,20 X 2,20 metros, cun banco interior. Estarán cubertas con placas de polietileno e cun lateral deste mesmo material e o outro de cristal.

O obxectivo principal deste proxecto é protexer aos escolares das liñas de autobuses das inclemencias do tempo durante os períodos de espera. Ademais de facer máis cómoda a espera e mellorar, en definitiva, a calidade do transporte escolar.

 

0
0
0
s2sdefault