Concello de Sanxenxo - O concerto de Fredi Leis será o 13 de abril
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Con motivo do naufraxio do pesqueiro Sen querer dous, o Concello de Sanxenxo decretou tres días de loito oficial, que levaron consigo a cancelación de diferentes eventos e actividades organizadas con motivo das festas do Nadal.

Un deles, é o concerto de Fredi Leis. Un Intérprete, músico e compositor galego, que en 2015 estreou o seu primeiro EP, titulado "Días Grandes", composto na súa totalidade por el e que actuaba este sábado 22 en Sanxenxo.

Fredi Leis se postura como unha das novas promesas da canción de autor renovada e despois de xirar por salas de toda España, o pasado mes de setembro presentaba “Mariposas", o primeiro sinxelo do novo álbum. Fredi compaxina a música co seu debut no cine, xa que forma parte do reparto da película " A Sobra da lei", dirixida por Dani de la Torre. 

Sanxenxo non quere perder a oportunidade de ter a Fredi Leis connosco e, é por iso, que se decidiu aprazar esta actuación ata o próximo día 13 de abril, coincidindo co inicio da Semana Santa.

 

0
0
0
s2sdefault