Concello de Sanxenxo - A Revolta e Arnosa contarán con dúas novas bombas na rede de augas
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O goberno licita a instalación de bombas de augas residuais na Revolta e Arnosa.

O goberno licitou a subministración e a instalación de bombas nos bombeos de augas residuais da Revolta e de Arnosa, por un valor de 33.200€. O prazo para a presentación de ofertas termina o próximo día 3 de xaneiro.

Na Revolta (Noalla) e en Arnosa (Vilalonga) existen actualmente dúas estacións de bombeo de augas residuais que pertencen á rede municipal de saneamento. Cada unha destas estacións posúe bombas de impulsión, que, debido á súa antigüidade, esgotaron a súa vida útil, producíndose continuas avarías. Ademais, isto vese agravado debido ao aumento do caudal respecto a o seu cálculo orixinal, tendo un uso continuo e constante.

En cada unha das localizacións instalaranse dúas unidades de bombas centrífugas somerxibles, adaptadas ao novo caudal, colocadas nos pedestais existentes.

 

0
0
0
s2sdefault