Concello de Sanxenxo - Sanxenxo promociónase en Berlín
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O municipio de Sanxenxo presume de marca turística nun dos eventos do sector máis importantes a nivel internacional.

Turismo de Sanxenxo está presente na ITB BERLIN 2019, dentro da misión comercial organizada polo Clúster de Turismo e a Axencia de Turismo de Galicia.

Acompañado do Consorcio de Empresarios Turísticos de Sanxenxo, CETS e de empresas de Sanxenxo, como Viaxes InterRías, CN Travel, Galicia Vilas e Hotel A Ponte entre outras.

Á cita acudiron a Directora de Turismo de Galicia e o Conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez. Tamén estivo presente na caseta galega, a Ministra, Neves Maroto e a Secretaria de Estado de Turismo, Isabel Oliver.

MATERIAL PROMOCIONAL EN ALEMÁN

Material promocional en ALEMÁN e tarxetas NFC con chip integrado co que se pode cargar información. Estas tarxetas ao achegalas aos dispositivos móbiles, os datos cargados previamente aparecen na pantalla de forma automática. Conteñen información que está en continua actualización e pode personalizarse para un tipo de visita concreta ou para uns gustos determinados.

Axenda de reunións con empresas e entidades alemás durante estes dous días de feira, centrados en captar a atención de visitantes co obxectivo de converter a Sanxenxo nun destino 12 meses ao ano.

Nesta 53ª edición, a misión comercial galega volve viaxar da man da Axencia de Turismo de Galicia co obxectivo de xestionar un espazo de traballo para os seus asociados no espazo co que conta Galicia dentro da caseta de Turespaña. Alí desenvólvense ao longo destes días máis de medio centenar de reunións axendadas con operadores turísticos do mercado alemán. Mercado que se sitúa como o segundo con máis peso en Galicia despois do portugués.

 

0
0
0
s2sdefault