Concello de Sanxenxo - Sanxenxo mantén aberto o prazo de inscrición no programa Depotermal 2019
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O prazo para inscribirse no programa Depotermal da Deputación de Pontevedra continúa aberto ata o próximo 29 de marzo.

As persoas interesadas en participar no programa de termalismo deberán cubrir o formulario de solicitude, que se pode atopar na sede electrónica da Deputación (https://sede. depo. gal) ou nas oficinas de Servizos Sociais, en Portonovo.

O programa de termalismo e saúde ten por obxectivos promover o envellecemento activo e mellorar a calidade de vida das persoas maiores, impulsar o establecemento de novas relacións sociais, favorecer a participación en actividades que melloren o seu estado anímico, potenciar espazos de encontro e intercambio de experiencias e evitar o illamento e situacións de soidade.

Para participar no programa hai que cumprir os seguintes requisitos:

- Persoas de 50 anos ou máis.
- Pensionistas.
- Ter un grao de discapacidade igual ou superior ao 65% (en caso de nacer o un de xaneiro de 1969 ou nunha data posterior).
- Valerse en por si e non padecer ningunha alteración do comportamento que poida perturbar a normal convivencia nos establecementos, nin padecer unha enfermidade transmisible con risco de contaxio.

 

0
0
0
s2sdefault