Concello de Sanxenxo - A Concellería de Medio Ambiente rexistrou preto de 300 avisos de animais abandonados durante o 2018
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Durante o ano 2018 atendéronse un total de 277 avisos, dos cales 256 foron cans en espazos públicos e 21 cadáveres de gatos. Do total de cans, só 81 foron devoltos aos seus propietarios, e o resto xestionáronse a través de CAAN.

Por parroquia destaca Padriñán, na que se produciron o 26% dos avisos seguida de Noalla co 21% dos avisos. Se analizamos o número de cans recollidos, en primeiro lugar estaría Padriñán, con 68 cans recollidos, seguido de Noalla con 55. A parroquia con menos animais recollidos foi Bordóns, con 8 cans.

Do total, tan só 67 animais tiñan implantado o sistema de identificación, o que supón un 26% do total. É por iso que dende a concellería faise un chamamento para que todas aquelas persoas que teñan animais lle poñan o correspondente sistema de identificación. Inscribir a estes animais é unha obriga dos propietarios, pero aínda son moitos os que están á marxe da lei, e incumprila implica sancións que poden oscilar entre os 501€ y 5000€.

 

 

 

0
0
0
s2sdefault