Concello de Sanxenxo - O servizo de atención veciñal atendeu en febreiro máis de 6.000 chamadas
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Un total de 6.872 chamadas foron recibidas en febreiro pola central telefónica do Concello de Sanxenxo, o que supón unha media de 245 consultas diarias.

Do total, 4.100 foron atendidas exclusivamente pola operadora, que actúa como filtro e resolve aquelas dúbidas que poidan expor os cidadáns, ademais de recoller os avisos relacionadas con servizos xerais como a iluminación, a limpeza, reparación de pistas, entre outros, que posteriormente son trasladados aos concelleiros responsables en cada materia.

Entre os 10 departamentos que rexistraron o maior número de chamadas, destaca o de urbanismo con 1.097, seguido de intervención con 284 chamadas. Séguenlle secretaría, alcaldía, rexistro, emprego e padrón.

Este rexistro permite comprobar que a maior afluencia de chamadas é entre as 10.00 h e as 12.00 h, momento no que alcanza o seu punto álxido, que decae considerablemente despois das 14.00 h.

“Poñemos o noso empeño en que os veciños reciban unha boa atención telefónica, que moitas veces evita que se teñan que desprazar ao Concello, por este motivo dotouse de medios avanzados a este departamento, renovando as dúas centrais, cuns terminais de última xeración”, destácase desde o goberno.

 

0
0
0
s2sdefault