Concello de Sanxenxo - Construcciones Vale instalará a rede de saneamento de augas residuais en Canelas
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

A empresa Construcciones Vale será a encargada da instalación da rede de saneamento de augas residuais en Canelas cun orzamento de 38.837,73€.

O núcleo de casas que se atopa próximo á Praia de Canelas, carece na actualidade de servizo de saneamento de augas residuais.

É por iso que o goberno local redactou un proxecto que permita levar a cabo esta actuación, que será financiada con cargo ao Plan Concellos da Deputación de Pontevedra.

As obras, que se estenderán ao longo de 200 m, consistirán no reformulo das mesmas, a apertura dunha gabia para a instalación das canalizacións e pozos de rexistro e a reposición do firme afectado polas obras. Esta actuación ten un prazo de execución de 3 meses.

Por ser unha zona sensible, foi necesario obter as seguintes autorizacións sectoriais, que permitan a execución dos traballos:

• Servizo provincial de Costas.
• Servizo de Urbanismo da CMAOT.
• Plan de Ordenación do Litoral.
• Autorizacións de particulares: dado que unha parte do colector de saneamento discorre por terreos de titularidade privada, os propietarios destas parcelas deben autorizar a súa instalación.

0
0
0
s2sdefault