Concello de Sanxenxo - Xornada de formación sobre violencia de xénero para a Policía Local
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Onte celebrouse unha xornada de formación impartida por José Ángel Ruibal, coordinador da Policía Local contra a Violencia de Xénero e directivo de Unijepol.

O obxectivo destas xornadas é que a Policía Local poida recibir formación que axude a prestar un servizo máis eficaz e eficiente, sobre todo en primeira intervención, que son os primeiros en ter contacto coas vítimas.

Esta xornada está financiada con cargo aos fondos do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.

“É imprescindible que o persoal dos corpos e forzas de seguridade do estado teña formación específica no tratamento da violencia de xénero pois moitas veces son os primeiros en ter contacto coas vítimas, por iso desde o Concello de Sanxenxo apostamos pola formación do persoal municipal para unha maior profesionalidade, empatía e coñecemento dos protocolos e recursos existentes na loita contra esta secuela social que é a violencia contra as mulleres polo mero feito de ser mulleres”, destaca Silvia Freire, concelleira de Servizos Sociais e Igualdade.

“MULLERES ENTRE REDES. DO INVISIBLE *Ó VISIBLE”

A tarde do martes tivo lugar a charla “Mulleres entre redes. Do invisible ó visible”, no Edificio Usos Múltiples de Portonovo, a cargo de Ana Cancela Muras.

A sesión, organizada polo taller de memoria, que foi todo un éxito, forma parte da programación do día 8 de Marzo, coa que desde o Centro de Información ás Mulleres de Sanxenxo quérese reivindicar o Día Internacional da Muller.

Ana Cancela confeccionou esta obra que reivindica o tradicional oficio das redeiras. Ao longo de 112 páxinas, a autora do libro leva a cabo un percorrido visual, polo mundo das redeiras, relacionado en todo momento coa dignidade da muller, de muller traballadora e de muller de oficio.

 

0
0
0
s2sdefault