Concello de Sanxenxo - Inventrip preséntase aos hostaleiros
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Suso Sueiro, Concelleiro de turismo e membros de Sismotur presentaron á comunidade hostaleira do Concello de Sanxenxo a aplicación Inventrip.

Trátase dunha plataforma, na que máis de 40 destinos turísticos xa envorcan a súa información relevante para os visitantes e veciños. Turismo de Sanxenxo xa apostou por este sistema para poder seguir á vangarda no sector e así o demostrou este ano en Fitur a través da APP, das tarxetas NFC, que funcionan simplemente achegándoas ao dispositivo móbil, ou da propia web.

Inventrip ofrece información turística de Sanxenxo, tal como rutas, miradoiros, praias, patrimonio, gastronomía, con tan só descargarse a aplicación. Así calquera persoa que chegue ao municipio pode dispoñer desde o primeiro momento de toda a información que necesita para gozar da súa estancia.

Ademais, os veciños e veciñas poderán estar ao día de todos os eventos e novidades do seu interese, na axenda cultural, deportiva, gastronómica do municipio na que traballa Turismo de Sanxenxo. Para isto, terán que descargarse desde os seus móbiles esta APP.

Do que se trata é de achegar aos empresarios hostaleiros a tecnoloxía da que xa dispón Sanxenxo para facilitar o contacto cos turistas e ofrecer unha atención de calidade e personalizada ao visitante, motivándoos a formar parte da comunidade Inventrip Sanxenxo, https://inventrip.com/sanxenxo/ na que poderán crearse un perfil a modo de portal publicitario e engadir fotos, ofertas puntuais, menús... Anímase a restaurantes, hoteis, cámpings, e demais empresas que realicen a súa actividade no municipio a que formen parte desta sinxela e próxima rede, cada vez máis presente nos teléfonos móbiles de Sanxenxo.

0
0
0
s2sdefault