Concello de Sanxenxo - Esta semana tivo lugar a última reunión con colectivos sobre o Plan de Mobilidade Urbana Sostible
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O equipo redactor do Plan de Mobilidade Urbana Sostible mantivo a última reunión con todas as asociación que participaron nos diferentes encontros ao longo deste mes.

Estes encontros tiveron como obxectivo definir coa veciñanza as liñas do Plan Estratéxico de Mobilidade Sostible, no que a Concellería de Urbanismo está a traballar. Esta información, xunto coas enquisas de mobilidade que se realizaron paralelamente en emprazamentos estratéxicos do Concello, constituirán a base do traballo para a redacción do Plan.

Os PMUS son instrumentos básicos para a ordenación e planificación da mobilidade das persoas e mercadorías a nivel urbano. O seu obxectivo é posibilitar e favorecer formas de desprazamento máis sustentables dentro dun núcleo de poboación, como camiñar, a bicicleta, ou o transporte público. Buscan garantir a calidade de vida para a cidadanía, compatibilizando o crecemento económico coa cohesión social e o coidado do medio ambiente.

Igual ca no caso de Sanxenxo, todos os PMUS inclúen un plan de participación social e comunicación para garantir procesos de calidade e nos que a veciñanza forme parte activa do desenvolvemento dos seus núcleos poboacionais.

A empresa redactora do plan continúa a traballar para facer unha presentación definitiva o próximo 23 de abril, no salón de plenos do concello.

0
0
0
s2sdefault