Concello de Sanxenxo - A partir do próximo luns a piscina municipal non cerrará ao mediodía
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

A piscina municipal terá horario continuo de 7.45 h a 23.00 h de luns a venres a partir do próximo luns.
Despois dunha reorganización do persoal e axustes nos horarios coa chegada do novo director, estableceuse un novo horario nas instalacións municipais.

Desta forma a piscina permanecerá aberta de luns a venres de 7.45 h. a 23.00 h. Os sábados o horario será de 9.30 h. a 13.30 h e os domingos de 11.00 h a 14.00 h. Este novo horario aplicarase desde o vindeiro luns 1 de abril.

Con esta modificación horaria búscase dar cabida a un grupo de usuarios que demandaban o uso das instalacións nas horas do mediodía.

ASEO ADAPTADO

Suso Sueiro, Concelleiro de deportes e Silvia Freire, Concelleira de Servizos sociais visitaban, acompañados da Asociación Neen@s, as instalacións do novo aseo adaptado na piscina e o ximnasio municipal.

Cun orzamento de 8.000€ levouse a cabo o acondicionamento dun espazo, no hall principal do edificio e que tamén ten acceso desde o corredor de vestiarios. Para isto fixéronse unha serie de demolicións do pavimento de plaqueta e levantouse unha parede de placas, deixándoa lista para o seu alicatado. Instalouse a fontanería necesaria para auga fría e quente na ducha e o lavabo. Os aparellos sanitarios estarán conectados á rede de saneamento existente e por último farase a instalación eléctrica necesaria. Ademais, todos os elementos están adaptados cumprindo a normativa de accesibilidade vixente.

Esta actuación realízase co obxectivo de eliminar todas aquelas barreiras arquitectónicas que dificulten o acceso ás instalacións municipais de persoas con mobilidade reducida. Ademais, este espazo será utilizado por nenos e nenas da asociación Neen@s que polas súas condicións non poden empregar os demais vestiarios das instalacións.

 

0
0
0
s2sdefault