Concello de Sanxenxo - CONCERTOS PREVIOS Á SEMANA SANTA
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O Concello de Sanxenxo prepara unha fin de semana musical previa ao comezo da Semana Santa, 3 concertos que terán lugar na carpa instalada na Praza do Mar con motivo da celebración da II Feira Mix Sanxenxo.

 

 

Festival dá Terra

 

O primeiro dos concertos será o venres 12 de abril, ás 21.00 h, con Festival da Terra, no que participarán:

 

  • Señor Non.

  • Vandallica.

  • Kaleikia.

  • Samesugas

  • The Speedbombs.

 

O concerto será de entrada gratuíta e os beneficios que voluntariamente se poidan recadar irán destinados á asociación peludos invisibles.

 

 

Fredi Leis.

O sábado 13 de abril, ás 22.30 h, será o concerto de Fredi Leis. Este concerto foi aprazado o pasado mes de decembro, con motivo do naufraxio dun pesqueiro da zona.

Fredi Leis é Un Intérprete, músico e compositor galego, que en 2015 estreou o seu primeiro EP, titulado “Días Grandes”, composto na súa totalidade por el.

Fredi Leis se postura como unha das novas promesas da canción de autor renovada e despois de virar por salas de toda España, o pasado mes de setembro presentaba “Bolboretas” o primeiro sinxelo do novo álbum. Fredi compaxina a música co seu debut no cinema, xa que forma parte da repartición da película “A sombra da Lei, dirixida por Dani de La Torre.

Sanxenxo non quixo perder a oportunidade de ter a Fredi Leis connosco e, é por iso, que se decidiu o adiamento da data para celebralo o próximo 13 de abril.

A entrada será gratuíta con invitación. Para conseguir as invitacións informaremos nos próximos días de como facelo.

 

 

Milladoiro

 

O terceiro concerto de Semana Santa será do grupo Milladoiro, o domingo 14 de abril ás 22.30 h.

A entrada será gratuíta para poder gozar deste grupo galego de música folk celta, nacido a finais dos 70 coa unión de Faíscas do Xiabre e os músicos Antón Seoane e Rodrigo Romaní.

 

0
0
0
s2sdefault