Concello de Sanxenxo - A CONSELLERÍA DE INFRAESTRUTURAS DESTINA 83.956€ A 2 ACTUACIÓNS MOI RELEVANTES PARA A MELLORA DA SEGURIDADE VIARIA EN PORTONOVO E EN SANXENXO
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Estas dúas actuacións lévanse a cabo co obxectivo de mellorar e garantir a seguridade viaria no municipio, en dous tramos con carácter urbano da PO-308, en Portonovo e en Sanxenxo.  

ENTRONQUE PO-308 CON C/ A PERLA E ESTRADA DO CATADOIRO

En Portonovo, no punto no que se cruzan a PO-308 coa C/ A Perla e a Estrada do Catadoiro, faise necesario regular dunha forma ordenada esta intersección cunha rotonda e medidas para reducir a velocidade.

Neste punto farase unha demolición no firme para xerar espazo para a nova rotonda, que terá un anel central, illotes, ampliación das beirarrúas e o trazado da nova rede de drenaxe. Para isto instalaranse 4 sumidoiros e dous rejillas transversais, todos conectados por tubos de 250mm de diámetro.

Faranse os firmes dos illotes e o anel central en formigón coloreado e confinaranse cun bordo de formigón remontable. Para completar a actuación instalarase a nova sinalización horizontal e vertical acorde ao novo deseño.

Esta actuación ten un orzamento de 48.399€, e ten un prazo de execución de dous meses e as obras comezarán despois de semana santa.

Consultar o proxecto:

 

AVDA DE LEÓN

Na Avda. de León á altura dun dos accesos á praia da Carabuxeira executarase un tramo de beirarrúa na marxe esquerda do viario, para dar continuidade a todo o trazado peonil, co obxectivo de mellorar a seguridade viaria na zona, dotando aos peóns dun espazo de paso propio.

Para isto retirarase a varanda existente e executarase unha nova estrutura de 1.20 m de ancho e 12.50 de longo na zona de baixada ao areal. Tamén se demolerán as escaleiras existentes e a continuación executaranse unhas novas en formigón armado. Para finalizar farase un axuste de rasante coas escaleiras e unha nova sinalización horizontal para marcar o espazo de aparcadoiro.

O prazo de execución dos traballos, que teñen un orzamento de 35.557€, é de dous meses e as obras comezarán despois de Semana Santa.

 

Consultar o proxecto:

 

0
0
0
s2sdefault