Concello de Sanxenxo - Esta fin de semana terá lugar o I Certame de cornetas e tambores
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Esta fin de semana terá lugar o primeiro certame de bandas de cornetas e tambores en Sanxenxo.

O sábado 13 abril, a partir das 12.30 h. as diferentes bandas participantes farán un desfile cada unha desde unha rúa (Avda. de Madrid, Paseo de Silgar e Rúa Consistorio).

Ás 12.40 h terá lugar o concerto na Praza dos Barcos, onde actuarán a Agrupación Musical Virxe da Amargura (Ferrol), a Banda da Confraría do Espírito Santo (Pontevedra) e a Banda da Confraría do Nazareno e Santo Sepulcro (Sanxenxo).

Este certame está organizado pola Confraría do Nazareno e Santo Sepulcro de Sanxenxo.

PREGÓN

O mesmo sábado, ás 20.45 h. terá lugar a lectura do Pregón de Semana Santa, a cargo de Don Antonio Castro Martínez, Maxistrado, Xuíz e Escritor.

Será no templo pequeno, e ao finalizar haberá unha actuación do trio de música sacra Sondarai Trío.

0
0
0
s2sdefault