Concello de Sanxenxo - Sanxenxo asiste ao II Encontro do grupo de traballo de xestores DTI en Madrid
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Sanxenxo asiste ao segundo encontro do grupo de traballo de xestores de Destinos Turísticos Intelixentes en Madrid.

A Secretaría de Estado de Turismo, a través de SEGITTUR, puxo en marcha o proxecto Destino Turístico Intelixente, para contribuír á mellora da competitividade dos destinos españois desde a perspectiva da sustentabilidade e a accesibilidade a través de novos modelos de traballo que inclúan a innovación e a tecnoloxía. Dentro deste proxecto, presentouse oficialmente a Rede de Destinos Turísticos intelixentes, o pasado 11 de outubro.

O empuxe que se quere dar para poñer en marcha esta primeira REDE a nivel nacional forma parte dun proxecto moi ambicioso e de longo percorrido. E é por iso que o noso municipio busca configurarse como un espazo turístico innovador, consolidado sobre unha infraestrutura tecnolóxica de vangarda, que garanta o desenvolvemento sustentable do destino, accesible para todos, e incrementando a calidade da experiencia no Concello, mellorando a calidade da estancia de todos e cada un dos visitantes.

O obxectivo do grupo de traballo é poñer en común os conceptos esenciais do destino e o modelo de diagnóstico e planificación estratéxica, ofrecendo unha visión xeral da metodoloxía establecida por Segittur.

Preténdese que sexa un punto de exposición das necesidades de cada un dos destinos, derivadas dos novos retos turísticos. Nestas xornadas participan destinos da talla de Marbella, Benidorm, Palma de Mallorca, Tenerife, León ou País Vasco.

 

0
0
0
s2sdefault