Concello de Sanxenxo - MAQUINARIA A PLENO RENDEMENTO PARA TERMINAR OS ASFALTADOS DAS PISTAS DO RURAL
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O goberno destinou 444.642 € do orzamento de 2019 a distintas actuacións no rural. En concreto, invístense 361.175€ no asfaltado de 10 pistas e 7 dotacións de saneamento e auga. Outros 83.467€ destínanse á colocación de 81 novos puntos de iluminación pública no rural.

Nestes momentos están a acometerse traballos de mellora do viario que vai de Pontes a Soutullo, nunha pista en O Freixo e outra en Gondar. Ademais, unha en Lagarei e outra en O Castro – Vilalonga.

A parte destes 444.642 €, desde xuño de 2017, o goberno destinou 1.711.596€ a servizos básicos nas sete parroquias.

  • 801.460 € ao asfaltado e mellora de pistas, sen contar as actuacións de gran envergadura como a P0-308 e a rúa Progreso.
  • 910.136 € á dotación de saneamento, auga e iluminación pública.

En resumo, en 2 anos o goberno investiu 2.156.238 € na mellora de servizos básicos do rural. Recursos que saíron do orzamento municipal e do Plan de Concellos da Deputación.

 

0
0
0
s2sdefault