Concello de Sanxenxo - ESCOLARES DE SANXENXO APRENDERÁN NORMAS BÁSICAS DE SEGURIDADE VIARIA PARA PREVIR SINISTROS DE TRÁFICO
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Fundación MAPFRE impartirá clases teóricas e prácticas de seguridade viaria en colaboración co Concello de Sanxenxo

Fundación MAPFRE, en colaboración co Concello de Sanxenxo, poñerá en marcha, do 22 ao 26 de abril, a Caravana de Seguridade Viaria. Unha actividade educativa gratuíta na que os máis pequenos aprenderán a comportarse de forma responsable e segura como peóns, como viaxeiros e como condutores de bicicletas.

Durante a actividade, expertos na materia transmiten a nenos de entre 8 e 12 anos a importancia de usar os sistemas de retención infantil, abrocharse correctamente o cinto, utilizar o casco ciclista e establecer contacto visual cos condutores ao cruzar a vía como peóns, comportamentos crave para adaptarse aos novos modelos de mobilidade, especialmente no ámbito urbano, e non sufrir un sinistro de tráfico.

Ademais, os escolares participantes aprenderán, a importancia do respecto aos demais, a prudencia, o diálogo e a empatía, valores fundamentais que contribúen a evitar os sinistros de tráfico e as súas secuelas.

Os medios de mobilidade urbana, xa sexan clásicos como os máis modernos, serán tratados polos monitores co fin de formar e informar os escolares sobre os riscos que comporta o uso inadecuado dos mesmos ou, por exemplo, as derivados de condutas arriscadas como peón ou pasaxeiro.

RECUNCHO DA PREVENCIÓN

Ademais, a actividade conta co Recuncho de Prevención, un espazo que permitirá aos escolares identificar situacións de risco no fogar, o colexio e outros espazos públicos e aprender por que se produce o lume e que facer en caso de incendio.

HORARIO

A Caravana de Educación Viaria de Fundación MAPFRE, que está instalada no Porto deportivo, na Praza Dos Barcos, permanecerá aberta ao público do 22 ao 26 de abril en horario de 9.30 a 14.00 horas (para os centros escolares) e de 16.00 a 18.30 horas (para o resto do público).

A Caravana de Educación Viaria está aliñada cos obxectivos de desenvolvemento sustentable das Nacións Unidas, concretamente, co 3.6, que expón reducir á metade o número de falecidos e lesións causadas por sinistros de tráfico no mundo antes de 2020, e co obxectivo 11.2, que quere facilitar, antes de 2030, o acceso a sistemas de transporte seguros, asequibles, accesibles e sustentables a todos os cidadáns, así como mellorar a seguridade viaria.

Segundo datos da Organización Mundial da Saúde, en 2018, producíronse 1,35 millóns de mortes por sinistros viarios, que son a primeira causa de falecemento en nenos de 5 a 14 e adultos de 15 a 29 anos.

0
0
0
s2sdefault