Concello de Sanxenxo - HOXE ÁBRESE O PRAZO PARA INSCRIBIRSE NO CAMPAMENTO DE VERÁN DE ESO A MONDARIZ
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Do 23 de abril ao 15 de maio, todos os nenos e nenas de Educación Secundaria Obrigatoria que estean interesados en participar no campamento de verán poden inscribirse para solicitar a súa praza. O campamento terá lugar do 22 ao 26 de xullo en Mondariz.

No campamento realizarán actividades como tirolina, escalada, kayak, wakeboard, equitación, pádel e moitos máis.

O prezo do campamento será de 180 € e para máis información ou para formalizar a inscrición pódese solicitar no Pazo Emilia Pardo Bazán, de luns a venres de 9:00 a 14:00 ou nos teléfonos 986.72.79.36 // 986.67.54.44.

O formulario de inscrición pódese descargar nesta ligazón ou recoller no propio Pazo. Deberá presentarse unha fotocopia do DNI do participante e do seu representante legal, así como unha fotocopia da tarxeta sanitaria do adolescente.

0
0
0
s2sdefault