Concello de Sanxenxo - O Parking de Nauta recadou 20.198 € en Semana Santa
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O parking de Nauta recadou desde o 15 ao 21 de abril, 20.198€. Esta recadación supera en máis de 2.000€ ao recadado na semana Santa de 2018.

Esta recadación corresponde a 6.630 entradas cunha estancia media de 1hora e 55 minutos.
O día que máis vehículos accederon ás instalacións do parking foi o xoves 18, con 1.136 vehículos estacionados.

Desde hoxe e ata o 1 de xuño recupéranse as dúas horas gratis para os veciños de Sanxenxo e a hora gratis para a xente que veña a visitar o noso municipio.

Ás dúas horas gratis instauradas o pasado 25 de xaneiro, xa se anotaron ata o día de hoxe 1.100 persoas e o goberno anima aos veciños e veciñas de Sanxenxo a que sigan inscribíndose nas oficinas do propio parking para poder gozar desta vantaxe.

O sistema de funcionamento das 2 horas gratis para vehículos censados en Sanxenxo resúmese en:

- 2 horas gratis unha vez ao día.
- Non é posible escoller o tramo horario, o desconto aplicarase a primeira vez que se accede ao parking ese día.
- Tras esa primeira vez, e nos próximos accesos dese día, mesmo se non se usaron as dúas horas, só aplicarase o desconto dunha hora xa en vigor.
- Este desconto non se aplicará durante Semana Santa, Xuño, Xullo, Agosto e Setembro.
- Para obter o desconto será necesario darse de alta no propio aparcadoiro achegando os seguintes datos:

  • Nome e apelidos. 
  • Matrícula do vehículo. 
  • Correo electrónico e número de teléfono.

- Estes datos serán verificados para comprobar que o vehículo está censado no Concello de Sanxenxo, é dicir que paguen o imposto de vehículos no municipio.
- Tras 24/48 horas recibirán un correo electrónico ou unha chamada para confirmar que xa se dispón do desconto. Sen esa confirmación non será aplicado o desconto.

O desconto vai acondicionado á lectura da matrícula, polo que o usuario ao retirar o ticket terá que comprobar que a matrícula aparece rexistrada no mesmo.

ALCOHOLÍMETRO

Máis de 8.000 persoas usaron o alcoholímetro desde a súa instalación no aparcadoiro de Nauta.
O dispositivo foi instalado no verán de 2017, co fin de comprobar se a persoa que fai uso del, supera ou non a taxa de alcol permitida por Lei. O lugar elixido para a súa colocación foi unha das entradas do Parking, xunto á máquina de pago de tickets, por ser esta a zona na que se concentra principalmente a maior entrada de xente que accede ao parking.

Esta iniciativa tivo como obxectivo principal concienciar ao condutor da incompatibilidade entre o consumo de alcol e a condución. Así, ante a dúbida, a xente puido facerse unha proba e actuar en consecuencia a un resultado fiable, xa que, con só un euro, o aparello facilita unha palliña, pola que se sopra e a continuación sae o resultado nunha pequena pantalla do dispositivo.

0
0
0
s2sdefault