Concello de Sanxenxo - Sanxenxo renderá unha homenaxe a Arturo Fontán Bouzas
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

A mañá de onte, en Xunta de Portavoces, decidiuse por unanimidade de todos os grupos políticos a convocatoria dun pleno extraordinario para render homenaxe a Arturo Fontán Bouzas.

Arturo Fontán Bouzas, natural de Sanxenxo, faleceu o pasado luns día 15 de abril tras lanzarse ao mar para socorrer a unha moza en apuros no Termo Municipal de La Oliva (As Palmas). Arturo residía coa súa muller e o seu fillo en Puerto del Rosario, e puxo en xogo a súa vida por colaborar no rescate doutra persoa que demandaba auxilio e é por iso que Sanxenxo estará eternamente agradecido.

Telmo Martín, Gonzalo Pita, David Otero, Vanessa Rodríguez Búa, Coral González-Faba e Roberto Agís, acordaron por unanimidade a celebración deste pleno extraordinario, de acordo coa viúva do falecido, o próximo 8 de maio, ás 12.00 h.

0
0
0
s2sdefault