Concello de Sanxenxo - O Concello presentou o seu Plan de Mobilidade Urbana Sostible
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O Concello de Sanxenxo presentou esta semana o documento final do plan de mobilidade urbana sostible do Municipio.

O Concello de Sanxenxo leva anos realizando actuacións relacionadas coa mobilidade sustentable, pero fíxose necesario a redacción dun documento integral e director que guíe estas actuacións.

A redacción deste plan parte de considerar a realidade territorial e social do Concello e a incidencia, que tanto a urbanización como en particular as infraestruturas existentes e futuras, dun xeito interrelacionado posúen nos patróns de mobilidade, na localización de actividades ou no reparto modal e nas súas consecuencias espaciais, sociais, económicas e ambientais.

Deste xeito a redacción deste Plan configúrase como un verdadeiro documento de desenvolvemento estratéxico do territorio baixo una visión integradora que ten como finalidade formular un conxunto de estratexias e actuacións orientadas á implantación de formas de desprazamento máis sustentable que fagan compatibles o desenvolvemento económico, a cohesión social e a defensa do medio ambiente, garantindo así una mellor calidade de vida para os cidadáns.

 

Os OBXECTIVOS máis xerais que propón o Plan son:

  • Protexer as áreas urbanas e os núcleos rurais máis sensibles.
  • Promover desprazamentos mediante modos non motorizados, incrementando así a seguridade e a prioridade dos peóns e dos ciclistas.
  • Fomentar o uso do trasporte público.

 

O esquema de redacción do Plan seguiu una serie de FASES dende o inicio do traballo.

 

Fase 0. Prediagnose.

Fase 1. Toma de datos e análise.

Fase 2. Identificación de problemas e retos.

Fase 3. Definición de liñas estratéxicas.

Fase 4. Delimitación de proposta e obxectivos específicos.

Fase 5. Participación pública e comunicación.

 

Logo destas fases o documento será levado a pleno para a súa aprobación e exposto a todos os veciños e veciñas tamén na web municipal e no Concello.

Algunhas das medidas propostas no Plan son de aplicación máis sinxela e rápida e outras contemplan actuacións cunha infraestrutura e investimento maiores.

 

Os principais proxectos estratéxicos contemplados son os seguintes:

 

- Variante Norte de Sanxenxo.

- Novas conexións en Sanxenxo.

- Eixo cívico Rúa Madrid-Silgar.

- Eixo cívico de Portonovo.

- Travesía de Vilalonga.

- Aparcamentos turísticos de longa duración.

- Aparcamentos disuasorios.

- Zona de baixas emisións de Portonovo.

- Camiños escolares.

 

O prazo total de aplicación deste plan estímase para un horizonte temporal de 10 anos.

En canto ás principais demandas recollidas pola empresa redactora nas diferentes reunións, atópanse ás seguintes:

 

Rede Peonil

- Necesidade de acometer melloras de accesibilidade na estrada de Soutullo, para comunicar o núcleo coa zona Litoral.

- Necesidade de mellorar a accesibilidade nas zonas das praias da Revolta – Montalvo.

- Necesidade de mellorar a accesibilidade ás vivendas na zona de Major.

Mantemento e difusión das rutas de sendeirismo existentes.

- Necesidade de mellorar a accesibilidade e a conectividade dos núcleos do interior coa zona Litoral (Sanxenxo – Portonovo) e Vilalonga.

- Falta de conexións peonís axeitadas en Bordóns, Dorrón, Nantes, Vilalonga.

- Conveniencia de medidas de peonalización.

- Humanización de Portonovo.

 

Rede Ciclista

- Interese pola creación de carrís bici.

 

Rede de Transporte Público

- Impulso do autobús urbano.

- Necesidade de mellorar o transporte escolar en autobús, horarios e zonas de recollida de alumnos.

 

Rede Viaria Motorizada

- Mellora do tráfico e a conxestión na estrada PO-308, coa posibilidade de buscar alternativas.

- Necesidade de mellorar a seguridade e humanizar a Travesía en Vilalonga, estrada PO-550.

- Necesidade de estudar unha variante para eliminar tráfico da Rúa Progreso.

- Forte dependencia no automóbil nas relacións entre Sanxenxo e os núcleos rurais do Concello.

- Conxestión na época estival.

- Necesidade de sinalización.

 

Aparcamento

- Xestión dos aparcamentos promovidos pola Comunidade de Montes.

- Problemas de aparcamento da época estival, necesidade de aparcamentos disuasorios.

 

Camiños escolares

- Necesidade de mellorar a accesibilidade peonil aos centros educativos.

- Incrementar a seguridade viaria na contorna dos centros educativos.

 

 

0
0
0
s2sdefault