Concello de Sanxenxo - O goberno adxudica as obras de mellora das instalacións da Casa de Don Fernando
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

A adxudicataria foi a empresa Construcións Castro Figueiro S.L.U., co obxectivo de darlle un impulso á utilización deste espazo e destinala á mocidade.

O orzamento de adxudicación desta actuación ascende a 121.787€ e a empresa propón a redución do prazo de execución en 60 días e a ampliación de garantía en 4 anos.

O proxecto adecuará as instalacións á normativa vixente, xa que tanto o edificio principal como a parcela na que se atopa, non reúnen as condicións de acceso a persoas con mobilidade reducida. Para emendalo redactouse un proxecto que suprimirá as barreiras arquitectónicas e de comunicación e construirase un aseo accesible.

Tamén se instalará un ascensor panorámico hidráulico cunha cabina de 1,10 x 1,40 metros.

Na planta alta do edificio colocaranse unhas divisións de pladur para crear un novo espazo. Para corrixir as filtracións tamén nas escaleiras exteriores conectadas coa fachada, onde se selará toda a superficie de contacto.

A Casa de Don Fernando foi construída en 1900 e atópase rehabilitada tras as obras realizadas na lexislatura 2003-2007.

0
0
0
s2sdefault