Concello de Sanxenxo - A Consellería de Medio Ambiente instalou unha pantalla de información meteorolóxica en Sanxenxo
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Dende a pasada semana está instalada na fachada do Concello, unha pantalla con información meteorolóxica do municipio.

Estas pantallas mellorarán a información á poboación en relación á calidade do aire e da meteoroloxía. Estes dispositivos tamén permiten dar a coñecer outros temas como advertencias de fenómenos climáticos extremos ou posibles eventos na calidade do aire.

A información na pantalla, ademais de ser específica de Sanxenxo, tamén é específica do tipo de localización, xa que nas pantallas faise unha diferenza de información de interese segundo a zona costeira ou interior.

0
0
0
s2sdefault