Concello de Sanxenxo - A homenaxe a Arturo Fontán Bouzas será o 8 de maio ás 12:00 horas
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

A semana pasada, nunha reunión de portavoces, decidiuse por unanimidade de todos os grupos políticos a convocatoria dunha sesión extraordinaria para render homenaxe a Arturo Fontán Bouzas.

Arturo Fontán Bouzas, nativo de Sanxenxo, faleceu o pasado luns 15 de abril tras botarse ao mar para axudar a unha moza en perigo no municipio de La Oliva (Las Palmas). Arturo residía xunto á súa esposa e fillo en Puerto del Rosario e puxo a vida en xogo colaborando no rescate doutra persoa que pedía axuda e por iso Sanxenxo estará eternamente agradecido.

Arturo é un heroe, non hai ningunha palabra que mellor defina o que fixo Arturo, dando a súa vida para salvar a alguén.

Telmo Martín, Gonzalo Pita, David Otero, Vanessa Rodríguez Búa, Coral González-Haba e Roberto Agís, acordaron por unanimidade a celebración deste pleno extraordinario, de acordo coa viúva do falecido, o 8 de maio ás 12.00 horas.

Ademais deste acto de recoñecemento e entrega da medalla, asinarase o acordo de que no noso municipio unha rúa teña o nome de Arturo.

0
0
0
s2sdefault