Concello de Sanxenxo - A Xunta de Galicia licita a restauración da Igrexa de Nantes
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

A Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia asumirá a restauración da Igrexa de Santa Baia de Nantes. A obra sae a licitación cun orzamento total de 185.787 € dividido en dúas anualidades.

A parroquia levaba anos esperando esta reforma e terá como obxectivo respectar o traballo asinado polo arquitecto Alejandro de la Sota, que propón que os materiais empregados sexan similares aos orixinais. Así mesmo, o novo teito estará composto por sistemas de construción que cumpran as disposicións da normativa de sostibilidade, eficiencia enerxética e seguridade.

0
0
0
s2sdefault