Concello de Sanxenxo - "Voces de area", protexendo as dunas de Baltar
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Alcalde e concelleira estiveron no CEIP Portonovo, coñecendo de primeira man o proxecto anual que os nenos e nenas deste centro levaron a cabo sobre as dunas de Baltar, chamado “Voces de area”.

O propósito do proxecto é concienciar a maiores e pequenos sobre o coidado e a protección das dunas da nosa contorna, en especial das dunas de Baltar.

Primeiro, realizouse unha rolda de prensa de 9 a 10 horas da mañá. Posteriormente, dende as 10 ata a 13:30 horas, unha visita a distintas salas con conferencias, teatro, relaxación e exposicións de arte, literatura e ciencia. Pola tarde, unha sesión de portas abertas, en horario de 16 a 18 horas.

0
0
0
s2sdefault