Concello de Sanxenxo - Comeza o programa de conciliación Paifill@nai
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

A mañá de onte daba comendo o programa PAIFILL@NAI en Portonovo. Un programa posto en marcha polo Centro de Información á Muller, que se desenvolverá desde o 1 de xullo ata o 31 de agosto, para nenos e nenas de 3 a 12 anos.

Paifill@nai enfoca este ano as actividades para traballar cos nenos e nenas desde a igualdade de xénero e a prevención da violencia dentro dun espazo creado para favorecer e promover o xogo, o establecemento das relacións sociais, a espontaneidade e a autonomía desde o respecto e os hábitos de vida saudables e o traballo das emocións. Realizaranse diferentes obradoiros: de reciclaxe, lectura, cociña divertida, ábaco, inglés, teatro, debuxo, modelaxe, deportes….

Son dous os horarios que terán os nenos e nenas, un amplo e outro reducido.

A entrada da modalidade de horario amplo é a partir das 8.00 h. ata as 10.00 h. A hora de saída é ás 13.20 h. (sen comedor), ás 14.30 h. (con ou sen comedor) e ás 15.00 h. e 16.45 h. con comedor.

A opción do horario reducido ten como hora de entrada entre as 9.00 h. e as 10.00 h. e as 13.20 h (sen comedor) como horario de saída.

Daniel Arosa, Concelleiro de Servizos Sociais, quixo acompañar aos nenos e nenas no seu primeiro día no programa.

0
0
0
s2sdefault