Concello de Sanxenxo - No verán a vila de Sanxenxo incrementa o número de prazas de aparcamento ata as 2.627
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

A vila de Sanxenxo durante todo o ano dispón de 1.652 prazas de aparcamento, número que se incrementa no verán en 975 ata sumar un total de 2.627 prazas.

Unha gran parte das prazas dispoñibles na tempada alta, en concreto 1.927 son rotatorias o que multiplica as posibilidades de estacionamento. As 700 prazas restantes corresponden ás rúas da vila onde non hai zona azul e, por tanto, ningún límite no tempo de aparcamento.

1.652 PRAZAS TODO O ANO

• 1050 prazas libres nas rúas da vila, destas 350 prazas son zona azul gratuíta, pero con limitación horaria 2 meses ao ano, o que permitiu mellorar a rotación.
• 382 prazas aparcadoiro de Nauta.
• 220 prazas do aparcadoiro de Fonte de Ramos. No verán son de pago, o resto do ano gratis.

975 PRAZAS MÁIS NO VERÁN

• Aparcadoiro Nauta na praza: 208 prazas de pago.

335 prazas de xestión privada tarifa fixa 3 € sen limitación de tempo.

• C/ Vigo 1: 160 prazas. 
• C/ Vigo 2: 160 prazas. 
• C/ Vigo 3: 15 prazas.

432 prazas conseguidas por Concello e gratuítas.

• C/ Progreso: 80 prazas (este verán por 1ª vez)
• C/ Constitución: 26 prazas.
• Tombo 1: 106 prazas (este verán por 1ª vez)
• Tombo 2: 60 prazas (este verán por 1ª vez)
• Iglesia 1: 40 prazas.
• Iglesia 2: 120 prazas.

 

0
0
0
s2sdefault