Concello de Sanxenxo - OS NOVOS COLECTORES DO PORTO DEPORTIVO ENTRAN EN FUNCIONAMENTO ESTA FIN DE SEMANA
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O alcalde de Sanxenxo, Telmo Martín, e o concelleiro de Medio Ambiente, comprobaron onte os últimos detalles para a posta en marcha dos novos colectores do porto deportivo. A instalación espertou xa onte o interese de hostaleiros da zona e mesmo de veciños que se achegaron para interesarse polo baleirado dos residuos. Os colectores 100% accesibles están elaborados con materiais pensados para evitar malos cheiros, un dos principais problemas dos anteriores e que motivou as queixas dos comerciantes. Trátase de nove unidades cuxa compra e i nstalación tiveron un custo de 17.787 euros.

En canto ás características das unidades que, como os vellos, darán servizo aos locais de hostalaría da zona, explicaron que son semisoterrados o que permiten realizar a descarga simplemente levantándoos cun guindastre e, por tanto, non levan mecanismos que poidan fallar. Respecto das súas medidas, teñen unha altura de 2,40 metros e entérranse 1,50 metros, de maneira que sobresaen ao exterior en 90 centímetros e dispoñen dunha capacidade moi superior aos que hai no resto do Concello, que vai do cinco ao tres metros cúbicos.


Son un total de nove colectores do modelo Molok Classic: un marrón (restos orgánicos), tres grises (Residuos Sólidos Urbanos RSU), un amarelo (envases), outro azul (papel e cartón) e tres verdes (vidro). Ademais, están construídos con materiais que impiden alcanzar a temperatura á que se xeran gases e malos cheiros e evitan a aparición de pragas

0
0
0
s2sdefault