Concello de Sanxenxo - SANXENXO CONFIRMA O TIRÓN DO SEU ENTROIDO CON MÁIS DE 1.000 PARTICIPANTES E 7.000 ASISTENTES Ó DESFILE
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Máis de 1.000 persoas participaron no desfile do Entroido celebrado o pasado sábado en Sanxenxo e máis de 7.000 persoas, segundo datos estimados pola organización, acudiron a ver a cita. A concelleira de Cultura, Paz Lago, destacou hoxe “o éxito de participación” e incidiu en que “os números reflexan que o noso Entroido é xa un referente en toda a comarca e en Galicia” e agradeceu “a aposta que ano tras ano fan vos asistentes porque son os que lle dan ou verdadeiro sentido ao noso Entroido”.


A calidade e a orixinalidade dos compoñentes do desfile é outro dos datos a destacar da cita que tivo que atrasarse unha semana debido á climatoloxía. “A previsión de choiva para o domingo fixo que o cambiáramos para o sábado para asegurar o bo tempo, pero ovindeiro ano volveremos apostar polo domingo porque sei que houbo moitos veciños que por traballo non puideron asistir”, sinalou a concelleira.


Os participantes no Desfile, ademais de Sanxenxo e de Portonovo, desprazáronse desde distintos puntos como Ribadumia, Cambados, Sober, Barro, Barbadás, Vigo, O Grove, Pontevedra, Cambados, Marín, Carballiño, Tomiño, Poio ou Meis. As inscricións de última hora desbordaron as previsións iniciais e obrigaron a un lixeiro atraso no inicio.
O bo ambiente do público que acudiu a ver a cita foi outro dos grandes ingredientes do éxito do desfile que gozaron dende distintos puntos polos que transcorreu a comitiva dende a Avenida Luis Rocafort hasta Portonovo.

0
0
0
s2sdefault