Concello de Sanxenxo - O CENTRO DE DÍA, AS GARDARÍAS E OS COLEXIOS DE SANXENXO APLICAN MEDIDAS PREVENTIVAS FRONTE AO CORONAVIRUS
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O Centro de Día, as gardarías de O Revel e O Tombo así como os colexios e institutos de Sanxenxo comezaron esta semana a aplicar medidas preventivas fronte ao coronavirus. Trátase de activar o protocolo marcado desde a Consellería de Sanidade e que pasa por reforzar as medidas de hixiene e extremar as precaucións ante os síntomas de tose e conxestión nasal.

No caso das gardarías municipais, mantéñense as medidas habituais de hixiene que xa contemplan o uso de luvas para determinadas actividades e o xel desinfectante, pero increméntase a frecuencia no lavado de mans, así como a limpeza de elementos como os pomos das portas.

Desde a dirección do Centro de Día restrinxíronse esta semana o número de visitas aos usuarios que se limitarán só a coidadores ata novo aviso. Para evitar riscos, o persoal do centro pregunta ás persoas que entran no recinto se realizaron algunha viaxe nas últimas semanas.

Nos colexios e institutos, reforzouse a subministración de xabón e papel que permita aumentar a frecuencia do lavado de mans. O Concello de Sanxenxo prevé tamén a colocación de xeles nos edificios municipais en canto chegue a subministración de xeles desinfectantes e dotar ás traballadoras do Servizo de Axuda non Fogar de máscaras e xeles para o desenvolvemento do seu traballo.

0
0
0
s2sdefault