Concello de Sanxenxo - A CONTORNA DO PORTO DEPORTIVO DE SANXENXO CONTARÁ CON CONEXIÓN WIFI GRATUÍTA ESTE VERÁN
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

A contorna portuaria de Sanxenxo contará con conexión wifi gratuíta o próximo verán. Colocaranse once dispositivos de acceso, nove exteriores que cubrirán a balsa de auga do porto deportivo, e dous interiores, para dar cobertura á Sala Nauta e a Capitanía. A instalación deste servizo con fibra óptica terá un custo total de 19.811 euros dos que 15.000 serán sufragados con fondos europeos, a través do programa WiFi4EU, e 4.811 serán achegados por Nauta.

Un dos receptores exteriores instalarase no exterior do parking de Nauta en dirección ao Paseo de Silgar coa intención de que o sinal poida alcanzar ao areal e parte do paseo. A empresa encargada da instalación do sistema, que está dentro da listaxe de firmas que esixe a subvención europea, é Telefónica Movistar. O Concello de Sanxenxo encargarase do mantemento e as conexións.

A iniciativa WiFi4EU promove o libre acceso dos cidadáns á conectividad wifi en espazos públicos como parques, prazas, edificios oficiais, bibliotecas, centros de saúde e museos de municipios de toda Europa.

0
0
0
s2sdefault