Concello de Sanxenxo - UNHA BRIGADA DE CINCO OPERARIOS DE LIMPEZA REALIZARÁN TAREFAS DE DESINFECCIÓN NAS DÚAS GARDARÍAS MUNICIPAIS
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O Concello de Sanxenxo traballa xa coa previsión da apertura das gardarías o próximo 25 de maio e quere garantir que a volta se faga coa maior seguridade sanitaria e hixiénica posibles. Así, a partir de mañá unha brigada de cinco operarios municipais de limpeza encargaranse das tarefas excepcionais de desinfección e hixienización dos espazos tanto interiores como exteriores da gardaría de O Tombo. Os traballos prolongaranse ao longo da semana e abarcarán tanto paredes como chans, cadeiras, mesas e mesmo o lavado de roupa como mantas ou prendas de bebés. Tamén se desinfectarán os xoguetes e os elementos das zonas de xogo como randeeiras.

A próxima semana será a quenda da gardaría de O Revel á que se repetirá o mesmo proceso de desinfección de cada unha das aulas, así como do resto de espazos que alberga interiores e exteriores. Con estas tarefas de desinfección refórzanse os traballos diarios de limpeza que tamén se incrementarán debido á situación de alarma polo Covid 19.

Tamén en horario de mañá e tarde se prosegue coa desinfección nos accesos e espazos dos centros educativos nos que se atopa dende o luns persoal directivo recibindo de forma presencial ás familias para formalizar a matriculación. Cabe lembrar que este trámite se debe realizar por unha única persoa, mantendo a distancia de seguridade e que se recomenda o uso de máscarilla.

0
0
0
s2sdefault