Concello de Sanxenxo - O CONCELLO DE SANXENXO REFORZA DENDE HOXE O SEU PERSOAL MUNICIPAL CON VINTE OPERARIOS DE XARDÍNS, PRAIAS E SERVIZOS
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O Concello de Sanxenxo conta desde hoxe cun reforzo do seu persoal municipal coa incorporación de vinte operarios de xardíns, praias e servizos. A contratación deste persoal realízase a través da liña 3 do Plan Concellos e permitirá a posta a piques de praias, a limpeza de accesos e viarios no rural e pequenas reparacións en distintos puntos do municipio. O custo total desta contratación ascenderá a 264.246 euros, dos que 257.773 euros será subvencionados polo organismo provincial e 6.472 euros serán achegados pola administración local.

O seis persoas que se sumaron hoxe ao departamento de xardíns encargaranse do coidado ornamental de parques e zonas verdes de Sanxenxo. O traballo deu comezo hoxe no Parque da Panadeira. O persoal de praias, un total de 10 operarios, centraranse estas semanas, até a apertura dos servizos da tempada estival, ademais da limpeza puntual de areais, na roza de camiños na zona rural. O traballo organizarase a través de equipos de dúas persoas e por áreas do municipio. O Concello reforzará con medios municipais o departamento de praias coa contratación de vinte operarios máis durante os meses de xullo e agosto para a limpeza e mantemento das praias.

En canto ao novo persoal de Servizos, catro operarios súmanse á área para realizar pequenas obras e reparacións nas distintas zonas do municipio, a organización do almacén municipal e a conservación das beirarrúas. O traballo destes novos operarios comezou hoxe coa instalación de pivotes no camiño das Salinas para marcar o acceso limitado a peóns e os servizos a leiras. Durante os próximos días tamén está prevista a revisión das pasarelas de madeira de Baltar e de Vos Barcos.

A próxima semana incorporaranse seis auxiliares administrativos para os traballos no arquivo municipal, catastro, así como nas áreas de recadación de Impostos da Contribución Urbana, entre outras actividades. As incorporacións na área administrativa serán por 35 horas semanais, durante sete meses. Os operarios farano en dúas quendas diferentes, vinte terán unha xornada de 30 horas semanais durante seis meses e outro dez, por trinta horas semanais durante cinco meses.

0
0
0
s2sdefault