Concello de Sanxenxo - A POLICÍA LOCAL REALIZOU 7.517 CONTROIS E EMERXENCIAS 1.102 INTERVENCIÓNS RELACIONADAS CO COVID 19
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

A Policía Local leva realizados un total de 7.517 controis para garantir o cumprimento das normas decretadas polo estado de alarma nas distintas fases que se saldaron con 39 denuncias tramitadas ante a Subdelegación do Goberno desde o pasado 14 de marzo.

A Policía realizou o control de 6.288 coches que deu como resultado 15 propostas de sanción; de 1.212 persoas que saldou con 21 denuncias e de 17 establecementos que culminou con 3 posibles multas. A todas estas intervencións súmanse outras tarefas que xurdiron co Covid 19 como a repartición de material escolar ou máscaras a domicilio.

A crise polo coronavirus tamén supuxo un importante cambio nas distintas intervencións realizadas por Emerxencias. O servizo municipal realizou 1.102 actuacións motivadas pola situación de crise sanitaria provocada polo Covid 19. O maior número concéntrase na repartición de máscaras a 720 domicilios

Efectivos de Emerxencias tamén se encargaron de distribuír o material educativo aos alumnos dos centros de Primaria, Secundaria e Formación Profesional para continuar coa súa formación telemática a 189 familias tras a suspensión das clases pola alerta sanitaria. Libros e equipos informáticos que permitiron a continuidade da formación a distancia.

Co obxectivo de protexer aos sectores da poboación máis vulnerables ante o Covid 19, o Concello de Sanxenxo habilitou un servizo de compra de alimentación e farmacia para que estas persoas quedasen na casa e non se expuxesen a un posible contaxio. O departamento de Emerxencias realizou 52 compras deste tipo desde que se decretou o Estado de alarma e xestionou sete trámites administrativos a veciños cuxas saídas das súas vivendas supuñan un risco. A actuación do servizo de Emerxencias na atención a veciños de Sanxenxo que estiveron en corentena por coronavirus ascendeu a 24.

0
0
0
s2sdefault