Concello de Sanxenxo - SANXENXO AMPLÍA OS SEUS SERVIZOS DE LAVADO DE VEHÍCULOS CON SISTEMAS DE DESINFECCIÓN CON OZONO
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O alcalde, Telmo Martín, visitou a estación de lavado de coches Autowash en Vilalonga para coñecer o novo sistema de desinfección con ozono posto en marcha por este establecemento con motivo do Covid 19. Durante a visita, un dos propietarios da estación de lavado, Javier Limeres, realizou unha demostración do seu funcionamento cun vehículo do servizo de Emerxencias Sanxenxo. "Elimina o 99% das bacterias e fungos, pero non só serve para iso, acaba tamén cos malos cheiros dos coches", explicou Limeres. O funcionamento é moi sinxelo e apenas dura un seis minutos, catro deles destínanse á expulsión de ozono a través da máquina e dúas á ventilación do vehículo. Tres loces, verde, amarela e vermella, van indicando o tempo de cada un dos pasos. O custo desta desinfección é de 5 euros.
 
A resposta até o momento foi moi boa, segundo explicou o propietario da estación de lavado, e responde a unha demanda de moitos dos seus clientes. "Foi un importante investimento, pero creo que nestes momentos é preciso investir neste tipo de máquinas que garanten non só a limpeza senón a desinfección dos vehículos", asegurou.
 
O alcalde destacou a rápida resposta dun establecemento que apenas levaba aberto catro meses cando a crise sanitaria provocada polo Covid 19 obrigoulle a pechar as portas. "Este é un dous exemplos de empresarios de Sanxenxo que se adaptan e se reinventan ante as novas situacións que se presentan. Algo fundamental en tempos de crise", asegurou.
 
O propietario de Autowash anunciou que durante o que resta do mes de maio e o mes xuño limpará de forma totalmente gratuíta e as veces que así sexa necesario os vehículos municipais da Policía Local e Emerxencias. O alcalde agradeceu esta medida solidaria e lembrou que tamén Garaxes Progreso ofreceu este servizo de desinfección de forma gratuíta aos servizos municipais.
0
0
0
s2sdefault