Concello de Sanxenxo - O CONCELLO RENOVA O ASFALTADO DA RÚA CONSTITUCIÓN, RÚA DE MADRID E A PISTA DE VISTA ALEGRE
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O goberno local está a executar melloras en varios asfaltados do municipio que inclúen a renovación da pavimentación das rúas Constitución e Madrid en Sanxenxo e o viario de Vista Alegre en Portonovo. O investimento neste tres viarios ascende a 43.401 euros.

Rúa Constitución é unha das máis transitadas do municipio e presentaba importantes danos polo que urxía a súa reposición. Para iso fresouse o tramo e colocouse unha nova capa de rodaxe que incluíu o realce das tapas de pozos de rexistro e rede de sumidoiros, así como a pintura da sinalización horizontal.

No caso da rúa Madrid, unha das principais vías de comunicación co centro urbano de Sanxenxo e que soporta un intenso tránsito de vehículos, procedeuse a renovar o firme nun tramo cunha superficie de aproximadamente 100 metros cadrados. Neste caso, realizouse o fresado das zonas afectadas e estendeuse unha nova capa de rodaxe co reforzo das tapas dos pozos de rexistro e a reposición da sinalización horizontal afectada.

Na pista de Vista Alegre, en Portonovo, ademais do asfaltado instalaranse dous badéns para mellorar a seguridade no viario e obrigar a reducir a velocidade aos vehículos que transitan pola mesma. A pendente desta estrada facía que moitos coches transitasen a unha velocidade excesiva. Desta forma, mellorarase a seguridade viaria na zona.

 

0
0
0
s2sdefault