Concello de Sanxenxo - A XUNTA RENOVA E REFORZA O PASO SALVOCUNETAS DE ACCESO AO BARRIO DE BALTAR
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

 A Consellería de Infraestruturas puxo fin a un punto negro de seguridade viaria en Portonovo coa renovación do paso salvacunetas que dá acceso ao barrio de Baltar. A actuación consistiu na renovación do elemento que soporta a diario un elevado tráfico de vehículos lixeiros e de repartición. O Concello de Sanxenxo solicitou ao departamento autonómico a reparación do paso despois de constatar un grave risco, especialmente para o tránsito de bicicletas e motos, ao detectar importantes gretas e roturas na estrutura.
 
O novo paso salvacunetas combina formigón e ferro fundido para evitar afundimentos na estrutura e garantir o tránsito idóneo neste punto de acceso. Os traballos que xa están concluídos tiveron un custo de 12.000 euros.
 
0
0
0
s2sdefault