Concello de Sanxenxo - SANXENXO INFORMARÁ ÓS SEUS VISITANTES A TRAVÉS DE INVENTRIP DAS ACCIÓNS E NORMAS FRONTE AO COVID 19
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Sanxenxo informará os seus visitantes a través da plataforma Inventrip das accións e regras sobre o Covid 19 dentro do plan piloto sobre semántica de destinos intelixentes posto en marcha pola
Sociedade Estatal Española dedicada á Xestión da Innovación e as Tecnoloxías Turísticas (Segittur).
Sanxenxo, xunto aos outros dous municipios turísticos intelixentes seleccionados para esta iniciativa, Santa Susana (Barcelona) e Conil (Cádiz), levan perfilando desde hai semanas o espazo e a distribución da información de interese que tanto os concellos como o propio sector turístico poderán achegar a este proxecto de promoción de destino. O obxectivo é ofrecer información relevante para o visitante como protocolos de actuación e medidas tomadas para garantir a seguridade e o control sanitario.
Sanxenxo traballa xa desde o ano pasado coa plataforma Inventrip que ofrece información turística do municipio, tales como rutas, miradoiros, praias, patrimonio e gastronomía, con tan só descargarse a aplicación, que agora se completará con información sobre as medidas que o destino adoptou fronte ao Covid 19. Así calquera persoa que chegue a Sanxenxo poderá dispor desde o primeiro momento da toda a información que necesita para aproveitar ao máximo a súa estancia.
Para este proxecto se parte da norma UNE 178503 de Semántica de Destinos Turísticos Intelixentes, aprobada en agosto de 2019, así como do Manual de Boas Prácticas en semántica aplicada ao turismo, documentos nos que se incorporarán as novidades derivadas deste plan piloto.
A semántica de datos permitirá aos destinos contar cun marco común e normalizado, con información relevante para gañar confianza e que se poderá transmitir por diferentes canles. Outra das vantaxes é que facilita a lectura e procesado da información por asistentes virtuais ao servizo do destino. O plan estará en funcionamento este verán.
0
0
0
s2sdefault