Concello de Sanxenxo - SANXENXO LOGRA TRES NOVAS BANDEIRAS AZUIS PARA AS SÚAS PRAIAS E ALCANZA XA OS 17 DISTINTIVOS
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Sanxenxo cumpriu con creces o obxectivo marcado para este ano na consecución de bandeiras azuis e xa suma 17 nos seus areais. Este ano lucirá distintivo Area de Agra, pero tamén e de forma independente, Areas Gordas, A Lapa, Nosa Señora da Lanzada e Foxos. Estas catro praias que até agora compartían insignia contarán cada unha delas con servizos de socorrismo e aseos propios o que lles fixo merecedoras da súa propia bandeira. A estes novos distintivos súmanse as praias de Areas, Caneliñas, A Lanzada - O Espiñeiro, Canelas, Montalvo, Silgar, Bascuas, Major, Pragueira, Baltar, Paxariñas e Panadeira. Sanxenxo é o municipio español con máis bandeiras azuis, un liderado que agora se ve reforzado.

A Adeac recoñeceu, ademais, o esforzo do Concello de Sanxenxo na seguridade dos seus areais e outorgoulle nesta edición a distinción temática en "Socorrismo e Primeiros Auxilios". Tamén o Real Club Náutico de Sanxenxo logrou a bandeira azul que certifica a calidade dos seus servizos do mesmo xeito que o Porto Deportivo Juan Carlos I e o Club Náutico de Portonovo cuxa calidade nos seus servizos volven ser un ano máis avaladas co distintivo.

Os sendeiros azuis de Sanxenxo tamén foron recoñecidos co selo de calidade. Trátase do carreiro máxico da Lanzada, o tramo Major-Montalvo, o tramo Montalvo-Paxariñas, o tramo Canelas-Punta Cabicastro, o tramo Sanxenxo-Portonovo e o tramo Areas-Festiñanzo. Tamén o centro de Interpretación das Telleiras logrou distintivo.

En total o municipio logrou nesta edición un total de 28 selos de calidade nas distintas áreas que avalan que tanto o sector público como o privado apostan pola calidade e a mellora dos servizos. Un esforzo que o alcalde, Telmo Martín, agradece e valora. "Estamos moi orgullosos de obter tres novas bandeiras azuis e un distintivo en socorrismos e primeiros auxilios, un logro que foi posible grazas ao esforzo e ao empeño do persoal de medio ambiente e praias liderados polo concelleiro Juan Deza", asegura.

 

0
0
0
s2sdefault