Concello de Sanxenxo - O CONCELLO CONVOCA UN PROCESO PARA A COBERTURA TEMPORAL DE DOUS POSTOS DE POLICÍA LOCAL E DOUS DE OFICIAL EN COMISIÓN DE SERVIZOS
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O Concello de Sanxenxo abriu un proceso selectivo para a cobertura temporal de dous postos de oficial e dous de axentes da Policía Local en comisión de servizo polo prazo dun ano, prorrogable por un ano máis. As solicitudes diríxense ao alcalde e presentaranse no prazo de cinco días hábiles a partir de hoxe.

A presentación será preferiblemente a través da sede electrónica. Os requisitos mínimos esixidos que deberán reunir os aspirantes serán os seguintes: Ser membro de calquera corpo da Policía Local en activo, escala básica, categoría policía ou oficial, subgrupo C1, cun mínimo de dous anos de antigüidade na categoría de policía e estar en posesión da titulación requirida para o subgrupo correspondente pola lexislación sobre a función pública.

Tamén se require un documento do concello onde estea a prestar servizo onde se manifeste o compromiso e autorización para o nomeamento en comisión de servizo, en caso de ser elixido, e que se informe que non foi separado do servizo, por expediente disciplinario, nin que se atope para o exercicio de función pública, así como un certificado dos servizos prestados.

Ademais do exposto, os aspirantes deberán presentar o modelo de instancia, copia de DNI, currículo e declaración xurada ou a promesa de posuír capacidade funcional para o desenvolvemento das tarefas propias do posto de traballo.

0
0
0
s2sdefault