Concello de Sanxenxo - A RÚA RAMÓN CABANILLAS CAMBIA DE SENTIDO PARA DAR UNHA MAIOR FLUIDEZ AO TRÁFICO
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Co obxectivo de mellorar a fluidez de tráfico no centro urbano de Sanxenxo e facilitar a prioridade peonil de Silgar que se porá en marcha este verán, o goberno local está a realizar lixeiros cambios de tráfico. Un deles é o cambio de sentido da rúa Ramón Cabanillas que, a partir de agora, terá saída pola Avenida Luís Rocafort. Desta forma, mellórase a reordenación de vehículos, axilízase o tráfico ao manter o sentido continuo desde Fonte de Ramos e evítase a saturación do Paseo de Silgar. Outro dos cambios que se vai a realizar será habilitar como zona de carga, descarga e servizos o tramo máis comercial da Rúa Vidal Rocha. Neste punto cambiaranse os aparcadoiros de batería a liña.

O goberno local tamén prevé o pintado da Rúa Loureiros en Portonovo. Con esta actuación mellorarase a seguridade viaria neste punto coa reordenación das prazas de estacionamento e prevese limitar a velocidade a 20 quilómetros por hora. O aparcadoiro da Lanzada tamén se repintará nos próximos días debido ao importante estado de deterioración que presenta.

0
0
0
s2sdefault