Concello de Sanxenxo - O CONCELLO DE SANXENXO ABRE O PRAZO PARA SOLICITAR PERMISO PARA REALIZAR FOGUEIRAS EN LEIRAS PRIVADAS
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

A situación sanitaria actual obrigou ao Concello de Sanxenxo a non permitir a celebración de fogueiras en espazos públicos con motivo de San Xoán e San Pedro para evitar as aglomeracións que se repiten cada ano con estas celebracións. Sanxenxo sumouse ao acordo unánime adoptado por todos os concellos con representación na Mancomunidade do Salnés.

Os interesados en realizar fogueiras en leiras particulares poderán facelo, previa comunicación ao Concello de Sanxenxo até o vindeiro luns 22 para a fogueira de San Xoán e até o 25, para San Pedro. A súa realización deberá cumprir coas medidas de seguridade e aforamento establecidas no Real Decreto Lei 2 1/2020. A Policía Local, o servizo de Emerxencias ou calquera autoridade poderán suspender calquera fogueira se supón un risco.

As fogueiras non deberán amontoar materiais máis de tres metros de altura e estarán prohibidos os de carácter inflamable, pirotécnicos ou explosivos que poidan producir grandes columnas de fume. Deberá realizarse unha limpeza ou unha roza de 5 metros ao redor da queima

0
0
0
s2sdefault