Concello de Sanxenxo - O GOBERNO INCLUIRÁ O CAMPO DE FUTBOL DE DORRÓN NO ORZAMENTO DE 2021
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

A mellora do campo de futbol de Dorrón íase a financiar mediante o Plan Concellos da Deputación, pero finalmente non pode ser porque o organismo provincial considera que a cesión do terreo non é suficiente soporte legal para autorizar o investimento, para ser aprobada o Concello tería que ser propietario do terreo.
O goberno quere trasladar aos veciños de Dorrón que o seu compromiso con este proxecto segue sendo igual de firme e, en base a iso, incluirase unha partida no orzamento de 2021 para financiar a mellora do Campo de futbol. O proxecto contempla a dotación de herba sintética (é o único campo de terra que queda no Concello) á que se destina o 40% do investimento e o 60% restante para facer os desmontes do terreo e a construción dos muros de contención. O investimento total na mellora do campo supera os 460.000 €.
O goberno está a traballar noutros compromisos adquiridos na parroquia de Dorrón. Por exemplo, a senda fluvial do río unha actuación para a cal xa se conta co 99% das cesións necesarias, tan só quedan 3 ou 4 propietarios por decidirse, o cal non impide empezar a impulsar o proxecto.
Outra actuación prevista en Dorrón é o campo de festas, incluído no orzamento deste ano cunha partida de 200.000 euros, pero que o Covid obrigou a conxelar e ata que non se supere a crise, o goberno local non poderá saber canto diñeiro quedará dos 2 millóns de euros de investimentos que contempla o orzamento.
Tamén se vai a instalar un bombeo en Area de Agra que dará servizo á praia e a unhas 25 vivendas da contorna que, actualmente, non poden bombear á rede principal de saneamento que pasa pola PO-308. Por último, vaise a asfaltar a pista rural entre Freixeiro e Magaláns, un viario con moitas curvas que financian o Concello e a Consellería de Medio Rural.

0
0
0
s2sdefault