Concello de Sanxenxo - O CONCELLO REFORZA OS EQUIPOS DE LIMPEZA EN PERSOAL E MATERIAL PARA O ACONDICIONAMENTO DE PISTAS E PARQUES
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O goberno local tivo que reforzar este ano os equipos de limpeza tanto en persoal como en material para axilizar os traballos de roza e acondicionamento de pistas do rural e parques. A situación de alerta sanitaria e as choivas atrasaron os traballos que cada ano se realizan co inicio da primavera ao ter que dar prioridade á desinfección dos espazos e edificios públicos.

O departamento de Parques e Xardíns que dirixe, Juan Deza, redobrará esforzos coa contratación de 9 operarios que se sumarán ao seis persoas que habitualmente realizan estas tarefas de acondicionamento. O persoal dividirase por equipos de traballo para poder alcanzar o sete parroquias do municipio e irán rotando de formal semanal.

En canto aos medios materiais, o Concello contratou durante un mes o servizo dunha rozadora que se sumará á do servizo municipal, chegando a coincidir até catro rozadoras cando se somen a da Mancomunidade do Salnés e a da Deputación de Pontevedra. Estas dúas últimas van rotando polos concellos que as empregan segundo as súas necesidades.

Nas últimas semanas, o departamento acondicionou os accesos aos areais do municipio e continuou coas rozas de camiños en distintos puntos do rural e parques. Tamén está previsto iniciar a próxima semana o acondicionamento dos espazos públicos e as zonas verdes do polígono empresarial de Nantes.

0
0
0
s2sdefault