Concello de Sanxenxo - SANXENXO RECOLLE AS 17 BANDEIRAS AZUIS DAS SÚAS PRAIAS, DOS SEUS SEIS SENDEIROS E O DISTINTIVO TEMÁTICO DE SOCORRISMO
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Sanxenxo xa dispón das 17 bandeiras azuis que ondearán este verán nas súas praias. O alcalde, Telmo Martín, e o concelleiro de Medio Ambiente, Juan Deza, desprazáronse esta mañá a Marín onde se celebrou a entrega de distintivos. Este ano lucirá distintivo Area de Agra, pero tamén e de forma independente, Areas Gordas, A Lapa, Nosa Señora da Lanzada e Foxos. Este catro praias que até agora compartían insignia contarán cada unha delas con servizos de socorrismo e aseos propios. A estes novos distintivos súmanse as praias de Areas, Caneliñas, A Lanzada-O Espiñeiro, Canelas, Montalvo, Silgar, Bascuas, Major, Pragueira, Baltar, Paxariñas e Panadeira.

No acto de entrega de bandeiras que tivo lugar na praia de Portocelo, o alcalde recolleu de mans da conselleira de Medio Ambiente, Anxos Vázquez, ademais das insignias para as súas praias, os distintivos para o seis sendeiros azuis e o selo temático de socorrismo co que se premia o esforzo do municipio no control e vixilancia dos seus areais.

O rexedor agradeceu o papel da Xunta de Galicia e o esforzo dos traballadores municipais. "Estou moi orgulloso e satisfeito dos traballadores d área de Medio Ambiente do Concello porque, grazas a eles, conseguimos cada ano mellorar ou resultado. Tamén quero agradecer a implicación e apoio do goberno galego", sinalou.

O goberno local confía en seguir mellorando os resultados o próximo verán e traballará para conseguir a bandeira azul para a praia de Nanín. "Os resultados da calidade da auga están a ser cada vez mellores e confiamos en poder colgar pronto este distintivo en Nanín", asegura Juan Deza.

Inicio de campaña
A campaña estival comezou este venres con todos os servizos nas praias de Areas, Silgar, Canelas e Montalvo. Un total de 19 socorristas, dez informadores de praias e 14 sanitarios iniciaron a tempada neste catro areais. Os efectivos reforzaranse a partir do próximo fin de semana co resto de praias con bandeiras azuis. O alcalde, Telmo Martín, e os concelleiros, de Persoal, Marcos Guisasola, e de Seguridade, Jaime Leiro, recibiron onte a primeira remesa de traballadores no Pazo de Emilia Pardo Bazán que durante os próximos meses prestarán servizo nos areais.

0
0
0
s2sdefault