Concello de Sanxenxo - O CONCELLO DE SANXENXO ASINARÁ UN CONVEVIO CON IBERAVAL PARA FACILITAR CRÉDITOS A AUTÓNOMOS E PEMES DO MUNICIPIO
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O Concello de Sanxenxo, a través da empresa municipal Insula, asinará un convenio con Iberaval para pór a disposición dos autónomos e pemes de Sanxenxo unha liña de crédito de 6 millóns de euros co que se pretende mitigar o impacto negativo na actividade económica provocado polo Covid 19.

Trátase de financiar as necesidades de liquidez que poidan ter os negocios de Sanxenxo, proxectos de emprendimiento ou de mellora e innovación en sustentabilidade e dixitalización, entre outros fins. Os créditos poderán ser de até 120.000 euros, a un tipo de interese fixo de 1,75% e cun período de amortización que vai dos 3 aos 5 anos.

O Concello asumirá o 100% do custo dos trámites financeiros por cada crédito até un máximo de 2.500 euros por cada operación. Estímase que os 6 millóns de euros que contempla o convenio permitan a concesión dun mínimo de 50 operacións de crédito, pero en función das cantidades solicitadas poderían ser bastantes máis.

O convenio contempla a creación dunha comisión de seguimento do convenio que estará formada polo alcalde e o interventor xeral do Concello de Sanxenxo e dous directivos de Iberaval. Co obxectivo de achegar os programas contemplados no convenio, nas dependencias de Insula Sanxenxo, os asesores financeiros informarán e realizarán un estudo detallado aos autónomos e pemes demandantes.

0
0
0
s2sdefault