Un total de 28 debuxos decoran desde hai días os paneis situados nos paneis de entrada da oficina de Turismo de Sanxenxo. A iniciativa Debuxa Sanxenxo púxose en marcha durante o confinamento co obxectivo de animar aos participantes a plasmar nun papel o que máis lles gusta de Sanxenxo, o seu mellor recordo do municipio ou o primeiro lugar ao que volverían xunto co arcoiris da campaña #TodoEstoPasará.
Os participantes poderán pasar a recoller o kit de pintura pola oficina de turismo, situada no porto deportivo, un pequeno premio co que o Concello de Sanxenxo quere premiar o talento dos máis pequenos da casa. No concurso participaron nenos e nenas de distintos puntos de España e do propio municipio.
A OFICINA DE TURISMO XA ESTÁ DECORADA CON 28 DEBUXOS CON RECORDOS DE SANXENXO

powered by social2s