Concello de Sanxenxo - NAUTA ABRE A PARTIR DE HOXE O PARKING DA PRAZA DO MAR CON 208 ESTACIONAMENTOS DISPOÑIBLES
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Nauta abre a partir de hoxe o estacionamento da Praza do Mar con 208 estacionamentos que se porán en funcionamento unha vez que as 208 prazas da planta inferior estean completas. O prezo por aparcar é de 0,023 céntimos por minuto e de 15,60 polo día completo.

A chegada de visitantes xa se está notando na ocupación do parking que na última semana duplicou a facturación con máis de 8.000 euros respecto das primeiras semanas do mes de xuño.

Doutra banda, o Concello de Sanxenxo iniciou esta mesma mañá o pintado das prazas de estacionamento do parking público da Lanzada. Os traballos obrigaron a pechar o espazo mentres non conclúe o pintado que se prevé durante a xornada de hoxe.

0
0
0
s2sdefault